HomePolíticaJavier González, voceiro do PSOE na Pobra do Brollón, reelixido candidato socialista...

Javier González, voceiro do PSOE na Pobra do Brollón, reelixido candidato socialista á alcaldía

A Agrupación socialista celebrou este venres unha asemblea extraordinaria na que os militantes elixiron por aclamación a candidatura de Javier González, o actual Secretario Xeral e Voceiro do PSOE.

Publicado o

- Advertisement -

Javier González, axente forestal, natural do concello, destacou que “dende este momento imos traballar para buscar as persoas idóneas para cada posto co obxectivo de confeccionar unha lista o máis plural posible e que recolla as diferentes sensibilidades de toda a vila”.

Para os socialistas o último mandato do equipo de goberno foi tempo perdido e aseguran non estar dispostos a perder máis tempo, “dende o PSOE da Pobra do Brollón temos as forzas renovadas para facer fronte ao inmobilismo do goberno do BNG, que durante esta lexislatura non presentou ningún proxecto que mellorara a calidade de vida dos nosos cidadáns.”

Asegura o candidato que o seu obxectivo será fomentar e impulsar a xeración de emprego, aproveitando as oportunidades que ofrece o territorio, ao trátarse do municipio da Comarca de Lemos con máis masa forestal. Javier González puxo en valor “o esforzo dos meus compañeiros no Goberno da Deputación para poñer en marcha a residencia para maiores, unha prestación moi necesaria no municipio e que sempre foi unha das nosas prioridades. Ademais, dende o Executivo Provincial melloramos camiños e accesos, acondicionamos estradas provinciais e potenciamos a cultura, o deporte e o turismo”.

ÚLTIMAS

A CIG Saúde denuncia o “abandono deliberado” do Hospital Comarcal de Monforte nos proxectos orzamentarios da Xunta

A CIG-Saúde denuncia que o Hospital de Monforte volve ser o "gran esquecido" da...

Obradoiro para aprender a identificar e combater a desinformación, este 22 de outubro na casa da cultura de Monforte  

O acceso constante a contidos informativos fai cada vez máis necesario contar con ferramentas...

O IES Val do Asma de Chantada acolleu un taller de regueifas

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, asistiu esta semana no IES Val...

“Rumiando”, un libro de Josebe Blanco para reflexionar sobre o xeito de estar no mundo para intentar melloralo

Josebe Blanco Álvarez cóntanos que naceu en Salceda de Caselas e ao pouco tempo...