HomePolíticaDeficiencias no servizo das residencias de Domus Vi en Chantada e Monforte?

Deficiencias no servizo das residencias de Domus Vi en Chantada e Monforte?

En Marea solicita un plan de visitas e inspeccións tras coñecer as queixas sobre o seu funcionamento e instalacións que fixeron en decembro do pasado ano familiares de persoas residentes.

Publicado o

- Advertisement -

As críticas que recaen na residencia de maiores de Chantada, aberta no 2002, de iniciativa privada, da entidade Geriatros S.A., agora Domus Vi, alertan da escaseza de persoal do centro coa correspondente redución do tempo de atención médica e a menor frecuencia de aseo en persoas dependentes, da non correspondencia dos menús cos indicados, do peche da cafetería, da inexistencia de espazo para fumadores e da falta de mantemento con timbres e interruptores estragados.

Os familiares dos residentes critican así mesmo a actitude da dirección diante das devanditas queixas pois non acepta suxestións e non facilita a información que se lle solicita.

Respecto da residencia do Morín en Monforte, propiedade da mesma entidade, Domus Vi, as queixas dos familiares céntranse na escaseza de persoal e na calidade da comida.

O  Grupo Parlamentario En Marea decidiu tomar cartas no asunto e presentar unha proposición non de lei no Parlamento Galego solicitando visitas ás residencias de maiores do sur de Lugo, nun plan de visitas a distintas residencias privadas e públicas do País.

Luis Villares e Paula Vázquez Verao. Foto: Prense En Marea

Tamén solicitan que se elabore un informe sobre o labor de inspección da Xunta respecto das residencias de Domus Vi de Chantada e de Monforte e que se impulse un plan de inspección específico que controle o cumprimento efectivo das proporcións de persoal nas residencias privadas do sur de Lugo, garantindo que se substitúen efectivamente as ausencias do persoal.

Nese mesmo labor de inspección piden que se impulse un plan de inspección específico que controle as instalacións e características xerais das residencias de maiores do sur de Lugo, así como elaborar, no prazo de 6 meses, un estudo específico sobre a situación sociosanitaria neses mesmos centros.

Segundo En Marea, as queixas de funcionamento dos familiares veñen dadas en gran medida porque as residencias en Galicia presentan, de xeito estrutural, unha escaseza e unhas condicións laborais do persoal que incide directamente na calidade do servizo. E todo permitido pola Xunta, que mantén un Decreto regulador do persoal das residencias privadas que dispón unhas proporcións de persoal insuficientes, agravado polo feito de que a inspección ten en conta en global todo o persoal do centro, e non só o de atención directa.

Recalcando no labor de inspección, competencia da Xunta de Galicia, a formación política critica a falta de efectivos para desenvolver as súas funcións con garantías. Indica que está moi mermada, como ten alertado o propio Consello de Contas, que sinala que a Inspección de Servizos Sociais mantivo a mesma estrutura interna e número de efectivos a pesar de aumentar o número de centros de maiores a inspeccionar. De feito, malia detectar incidencias nos centros residenciais que non se corrixiron, a Xunta non iniciou expedientes sancionadores.

ÚLTIMAS

A Asoc. Rechouchíos de Taboada creará un fondo de traxe tradicional galego

O Presidente da Deputación da Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar un convenio...

Do 5 ao 10 de agosto Monforte celebra a XXIV edición de Artelemos

O Concello de Monforte vén de presentar o cartel anunciador e o programa da...

O BNG levará ao pleno provincial a demanda de mellora das infraestruturas e da xestión do regadío do Val de Lemos

O BNG buscará o acordo do pleno provincial para reclamar á Confederación Hidrográfica, ao...

A A.V. do Saviñao fala de “agravio comparativo” entre concellos na estrada provincial de Currelos a Monforte

A A.V. do Saviñao demanda á Deputación Provincial a mellora de dúas estradas en...