- Advertisement -
Do programa, Por Chantada, destaca como principais medidas as seguintes:
- Promover a fusión dos concellos de Chantada, Carballedo e Taboada cun referendo para a converxencia dos tres concellos nun único ente municipal. Segundo Por Chantada, o novo concello por poboación e incentivos fiscais derivados da fusión, tería maior capacidade económica para a mellora de servizos e o mantemento de infraestruturas.
 - Peonalización integral do casco histórico
 - Rebaixa do IBI através de bonificacións de até 90%, declarando o sector primario de importancia estratéxica
 - Impulsar o Polígono dos Acrivros centrándose na transformación de produtos da alimentación.
 - Demandar o saneamento e ampliación da N-540
 - Estabelecer unha taxa municipal nas instalacións de transporte de enerxía e outras medidas fiscais para financiar un Plano de emerxencia social. Asinar o convenio da FEGAMP para garantir a luz e o gas nos fogares en risco de exclusión.
 - Creación dun viveiro de empresas para a mocidade residente no Concello.
 - Determinar a propiedade do SAREB na Praza de Santa Ana.
 - Creación dunha Concellaría de Igualdade, non compartida, e unha Comisión de Igualdade participada pola concelleira, persoal do CIM, persoal de Servizos Sociais, as restantes concellerías e persoal ao servizo do Concello para a elaboración do Plan estrutural de funcionamento orgánico do Concello de acordo coa perspectiva de xénero.
 - Dinamizar a Praza de Abastos, creando un mercado de produtos locais e ecolóxicos.
 - Exixir a execución dunha nova depuradora
 - Elaboración dunha Estratexia local para o patrimonio e o turismo 2020-2030, con atención á dinamización do turismo cultural, de natureza e o enoturismo en colaboración cos axentes públicos e privados
 - Creación dunha nova Biblioteca e Arquivo municipais nun lugar axeitado e accesíbel.
 

                                    