HomeSucesosPiden un ano de prisión para un home que non devolveu a...

Piden un ano de prisión para un home que non devolveu a roupa que unha tenda lle deixou para un programa

As pezas, cun valor que supera os 600 euros, foron reclamadas en varias ocasións polo establecemento

Publicado o

- Advertisement -

A Fiscalía pide un ano de prisión para un home que recibiu prestada unha serie de pezas para un programa de televisión no que traballaba e que logo non devolveu. O valor da roupa supera os 600 euros.

Segundo o escrito do Ministerio Público, o presunto autor dun delito de apropiación indebida, acudiu en agosto do ano 2018 en varias ocasións á tenda Kamiro Moda, situada en Monforte de Lemos, e acordou co seu propietario levar unha serie de pezas para usalas durante a retransmisión dun programa de televisión no que traballaba. Ademais, “pactou” devolvelas con posterioridade, segundo o mesmo escrito.

Con todo, o procesado, “guiado polo ánimo de lucro”, sinala o mesmo escrito, “non devolveu as pezas adquiridas nin abonou o seu importe”, a pesar de ser reclamadas “en múltiples ocasións” polo seu propietario, que reclama os 619,55 euros do valor das pezas.

A Fiscalía sostén que se trata dun delito de apropiación indebida e pide para o acusado 12 meses de prisión e a pena accesoria legal de inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, así como imporlle as costas.

Ademais, reclama que o procesado indemnice ao propietario da tenda cos 619,55 euros, máis intereses de moura procesual. O xuízo por este tema celébrase este xoves, 23 de febreiro, no Xulgado do Penal número 2 de Lugo.

ÚLTIMAS

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...