HomeSucesosExtinguido desde este sábado o incendio de Taboada

Extinguido desde este sábado o incendio de Taboada

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado este mércores no concello lucense de Taboada, parroquia de Ínsua, quedou extinguido as 11,23 horas deste sábado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo información da Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 17:38 horas do pasado mércores con estimacións provisionais de afectación a unha superficie de 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 4 técnicos, 25 axentes, 29 brigadas, 28 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 5 helicópteros e 4 avións.

Dende o Concello de Taboada comentan que “por sorte non houbo que lamentar danos persoais nin casas afectadas, que sempre é o máis importante nestes casos. Os medios continuarán realizando as preceptivas labores de control para evitar que se poida volver reavivar”. Ademais, facían chegar por redes sociais o seu agradecemento a todo o persoal que traballou na extinción.

AVISOS EN CASO DE INCENDIO

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia, e o teléfono anónimo e gratuíto 900 815 085 para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento.

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...