HomesociedadeFinalizan as obras de eficiencia enerxética nos xulgados de Chantada

Finalizan as obras de eficiencia enerxética nos xulgados de Chantada

A Xunta de Galicia vén de rematar as obras de mellora da eficiencia enerxética no edificio dos xulgados de Chantada. Nestes traballos investíronse uns 112.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

As obras supuxeron a substitución de todas as fiestras por outras novas de PVC e cristal dobre con vidro de baixa emisividade, que melloran os coeficientes de transmisión térmica das anteriores. Cambiáronse tamén as lámpadas e luminarias por outras de tecnoloxía  LED. A previsión é acadar unha porcentaxe de redución no consumo de enerxía non renovable dun 20 por cento en relación coa situación anterior.

Esta obra completa outra actuación anterior pola que a administración autonómica dotou a estes xulgados dunha caldeira de biomasa, que tivo un custo próximo aos 52.000 euros e que permite aforrar 4.000 euros anuais en combustible. Sumadas esta obra e a que vén de rematar o investimento conxunto na mellora das instalacións supera os 165.000 euros.

O edificio dos xulgados de Chantada foi construído no  ano 1983. Consta de planta baixa e dúas altas e ten unha superficie total de 1180 metros cadrados construídos -1010 metros cadrados de superficie útil

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...