IniciosociedadeQue cifras moven as eleccións do 26 maio?

Que cifras moven as eleccións do 26 maio?

Nas Eleccións Municipais, 279.542 persoas teñen dereito ao voto e serán quen decida a composición das corporacións locais durante os próximos catro anos. O domingo tamén se elixirán os 54 deputados que lle corresponden a España, que funciona como circunscrición única, no Parlamento Europeo.

Publicado o

- Advertisement -

O censo de residentes ascende a 278.337 persoas. A elas hai que engadir 1.205 electores estranxeiros residentes que teñen dereito a votar nas eleccións locais. Nas europeas son 958 as persoas de nacionalidade estranxeira con dereito ao voto na nosa provincia.

Nesta xornada electoral, os cidadáns escollerán na provincia de Lugo 727 concelleiros, 4 menos que nos comicios celebrados no 2015, para o que disporán dun total de 541 mesas electorais distribuídas en 411 locais. Destas eleccións dependerá tamén a futura composición da Deputación, que se decide en función dos resultados obtidos polas distintas candidaturas nos seis partidos xudiciais nos que se divide a provincia.

Nos 67 concellos que forman a provincia de Lugo foron proclamadas un total de 239 candidaturas. O dispositivo organizado para a celebración das Eleccións Locais e Europeas mobilizará máis de 4.000 persoas.

As mesas electorais estarán formadas por un total de 1.623 cidadáns, que foron elixidos mediante sorteos celebrados en todos os concellos da provincia, nos que tamén se escolleron outras 1.623 persoas que actuarán como suplentes para garantir a constitución das mesas no caso de ausencia dalgún dos titulares.

Para asegurar o normal desenvolvemento das votacións na provincia, haberá un dispositivo formado por 960 funcionarios das forzas de seguridade. Ademais, 417 representantes da Administración encargaranse de verificar a correcta apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos dos recontos de votos emitidos, tanto para os 67 concellos como para o Parlamento Europeo.

XORNADA ELECTORAL

As mesas electorais constituiranse ás 8:00 horas e as votacións terán lugar entre as 9:00 e as 20:00 horas, cando se pecharán as urnas e comezará o reconto dos votos emitidos.

En primeiro lugar, as mesas recontarán os votos correspondentes ás Eleccións Europeas e despois as das Eleccións Municipais. Sen embargo, os primeiros resultados que se farán públicos serán os das eleccións locais, que se darán a coñecer a partir das 21:00, coincidindo co peche dos colexios electorais en Canarias.

ÚLTIMAS

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...