HomesociedadeO 72% das explotacións de Rubia Galega son da provincia

O 72% das explotacións de Rubia Galega son da provincia

A Deputación aprobou este venres 1,4 millóns de euros para a Rubia Galega, inclúense axudas directas a explotacións lucenses polo primeiro parto das femias reprodutoras inscritas no rexistro xenealóxico, con ata 500 euros por animal.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación aprobou este venres, día 24, en Xunta de Goberno un novo proxecto de apoio a produtores lucenses de Rubia Galega dotado dun total de 1,4 millóns de euros. O obxectivo é incrementar o número de cabezas de Rubia Galega nas explotacións lucenses e promover esta raza, axudando aos profesionais da provincia.

ACRUGA funcionará como intermediaria entre a Deputación e os produtores, pois é este colectivo o que conta cos datos oficiais das explotacións existentes na provincia, así como o rexistro xenealóxico do gando.

Ademais das axudas directas a produtores lucenses, este proxecto contempla unha segunda liña, que implica a recría e mellora xenética dos animais nas instalacións da Granxa Gayoso Castro para a súa posterior venda principalmente en poxas. Trátase dunha colaboración directa con ACRUGA, que se leva facendo dende 2007, que favoreceu a recría de 1.650 animais, un aforro superior aos 2 millóns de euros aos produtores ao asumir a Deputación os custos da recría, así como beneficios doutros 2,4 millóns pola venda de exemplares a un prezo medio de 2.000 euros.

A provincia de Lugo conta con 576 explotacións de Rubia Galega, que representan o 72% das existentes en Galicia. 1.400 produtores lucenses forman parte de ACRUGA.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...