HomesociedadeDía Mundial sen Tabaco, este día 31 en Monforte

Día Mundial sen Tabaco, este día 31 en Monforte

A Unidade Asistencial de Drogodependencias do concello de Monforte celebra este día 31 o Día Mundial sen Tabaco. Instalarase durante toda a mañá no Hospital de Monforte unha mesa informativa con cumprida información sobre o tabaco e sobre como deixalo.

Publicado o

- Advertisement -

A Unidade Asistencial de Drogodependencias do concello de Monforte tamén conta cunha exposición na Casa da Cultura, de traballos relacionados coa temática do tabaco, a cargo de alumnos dos colexios de Monforte e Escairón, e tamén polos usuarios da asociación Albores. A exposición poderase visitar dende mañá 31 de maio ata o venres 7 de xuño.

O 31 de maio de cada ano, a OMS e os seus asociados celebran o Día Mundial Sen Tabaco co fin de poñer de relevo os riscos asociados co tabaquismo, tanto para a saúde como noutros ámbitos, e abogar por políticas eficaces para reducir o seu consumo.

O Día Mundial Sen Tabaco 2019 céntrase no lema “O tabaco e a saúde pulmonar”; así, a campaña deste ano servirá para concienciar sobre:

  • As consecuencias negativas para a saúde pulmonar que ten o tabaco, que van desde o cancro ata enfermidades respiratorias crónicas.
  • O papel fundamental que desempeñan os pulmóns para a saúde e o benestar de todas as persoas.

A campaña tamén serve como un chamamento á acción, xa que nela abogase por políticas eficaces para reducir o consumo de tabaco e implícase ás partes interesadas de múltiples sectores nas actividades de control do tabaco.

ÚLTIMAS

Cousas Xacobeas: O Camiño en San Salvador da Pinza (I)

Nesta freguesía o camiño ten unha lonxitude de 1.706 metros e atravesa o lugar...

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...