HomesociedadeFestas de Verán en Quiroga e 28 anos de Mostra do Mel

Festas de Verán en Quiroga e 28 anos de Mostra do Mel

O Concello de Quiroga preparou un amplo programa de actividades dirixido a todos os públicos no que se inclúen actividades deportivas, concertos de distintos estilos musicais, orquestras, Festa da Cervexa, Festa da Comunidade, maxia e animación de rúa.

Publicado o

- Advertisement -

A primeira cita destas Festas de Verán será o xoves, día 8, a partir das 18:00 h coa  Festa da Cervexa na Praza de España. A animación musical correrá por conta do DJ Michel ata as 23:00h que dará comezo a actuación  da orquestra “Panorama”.

O venres, día 9 a partir das 18:00 h celebrarase o V Torneo de Street Soccer e I Torneo de Streeet Volley no Parque da Constitución. Neste mesmo escenario a partir das 21:30 h, celebrarase a  Festa da Comunidade con cea cunha gran paella e actuación do “Dúo Camelia”. As persoas interesadas poden adquirir as entradas, xa á venda, en establecementos  da vila e tamén o propio día  no recinto da festa.

O sábado, día 10, ás 12:00 h inaugurarase a XXVIII Mostra do Mel na que este ano participan 8 colleiteiros, para despois ter actuación do grupo de gaitas “O Recanto” polas rúas da vila. Os postos de venda estarán abertos durante toda a mañá e tamén exposición e venda de produtos típicos.

Dende as 12:00 h ata as 15:00 h e dende as 20:00h ata as 22:00h; diante do Auditorio Municipal, haberá espectáculo infantil de maxia “Petit Caravane” a cargo de Animatium. Esta actividade pertence ao Programa “Cultura no Camiño” que conta coa colaboración da AGADIC

A partir das 22:00 h actuará o Grupo Atenas e a partir da 00:30 h concerto de Susana Seivane, actuación que conta conta coa colaboración da Excma. Deputación Provincial a través do Plan Provincial Único.

O domingo, día 11 abrirase ás 12.30 con Alborada coa Banda de Música de Chantada que ofrecerá un concerto ás 13:30 h diante do Concello, actividade que conta coa colaboración da Deputación Provincial a través do “Programa Musiqueando”.

Ás 19:00 h na Praza de España terá lugar o  Concurso Pinta Con Xiz no Chan para nenos e nenas e tamén a entrega de premios  do Certame de Debuxo Infantil organizado pola área de educación e infancia.

Ás 20:00 h na Rúa Real ofrecerase espectáculo de animación de rúa “O Folión Zampón” a cargo de Fantoches Baj, dentro do Programa “Cultura no Camiño” que conta coa colaboración da AGADIC. O punto e final porase a partir das 21:30 h con festa popular coa orquestra “Nazaret” e a partir da media noite gran verbena co grupo “Limón”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...