HomesociedadeCampaña de recollida de plásticos agrícolas no Incio

Campaña de recollida de plásticos agrícolas no Incio

Só se recollerán plásticos de silo invernadoiro, que terán que ir atados ou en fardos. Non se poderá levar restos de leña, herba, garrafas de plástico, neumáticos, nin tampouco residuos voluminosos (electrodomésticos, colchóns, etc).

Publicado o

- Advertisement -

O Concello do Incio desenvolve unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas procedentes das explotacións de diversos puntos do municipio. O Concello facilita este traballo con puntos de recollida cerca das propias explotacións. Os plásticos poderán depositarse nos puntos habilitados a tal efecto en cada unha das parroquias ata o día 7 de outubro, posto que a recollida se fará a partir do día 8 de outubro. Unha vez rematada a recollida non se poderán depositar máis plásticos ata novo aviso.

O alcalde, Héctor Corujo, explica que o Concello se suma a esta iniciativa como unha forma de colaborar co medio ambiente e para darlle unha solución aos veciños e veciñas para retirar este tipo de plásticos das súas explotacións de xeito gratuíto.

A cantidade de plástico agrícola (plástico e bolsas de silo, plástico de invernadoiro) que se xera en Galicia ao longo dun ano é de aproximadamente 7.700 toneladas.

A práctica habitual do vertido ou da incineración de xeito incontrolado supón un problema medioambiental, que orixina un deterioro progresivo e acumulativo do contorno, tendo ademais en conta o impacto paisaxístico derivado da proliferación de puntos de abandono destes materiais.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...