HomesociedadeO PP de Monforte prepárase para as eleccións

O PP de Monforte prepárase para as eleccións

Publicado o

- Advertisement -

Afiliados do PP de Monforte comezaron a semana cunha reunión na sede do partido para analizar a situación política previa á campaña electoral e para preparar diversos aspectos do traballo a realizar ata o 10-N.

Na reunión interviron, ademais da voceira municipal, Katy Varela, o secretario xeral do PP de Lugo, Juan Carlos Armesto, e o candidato ao Senado José Manuel Barreiro. Tanto Armesto como Barreiro animaron aos afiliados a traballar con intensidade porque, na súa opinión, o partido está nun bo momento e en condicións de recuperar o voto que nos pasados comicios xerais foi a outras forzas políticas.

Empresas forestais

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou 3,4 millóns de euros a 33 empresas forestais da provincia de Lugo a través dun programa de axudas para mellorar a competitividade do sector. Da zona Sur hai unha empresa, que conta cunha axuda de 48.800 euros para un investimento de 122.000 euros.

O sector forestal na provincia xera 3.000 empregos directos e 7.000 indirectos; no que vai de ano rexistráronse 2,9 millóns de metros cúbicos de madeira cortada nos montes de Lugo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...