HomesociedadeDeclaración de emerxencia do treito de estrada afectado polo temporal no Incio

Declaración de emerxencia do treito de estrada afectado polo temporal no Incio

O Consello da Xunta vén de autorizar este xoves, 19 de decembro, as obras de emerxencia para reparar o treito da estrada LU-642, de acceso a Ferreira do Incio, no concello do Incio, afectado por un temporal de choiva.

Publicado o

- Advertisement -

A declaración de emerxencia recolle que os traballos teñen por finalidade reparar os danos causados polo desprazamento do terreo o pasado 28 de novembro, que fectou a circulación e obrigou a intervir de modo inmediato para protexer a seguridade dos usuarios da estrada.

Este desprazamento afectou á plataforma dunha curva situada a media ladeira da estrada de titularidade autonómica LU-642, no treito entre a capitalidade do concello do Incio e o núcleo de A Ferrería, no punto quilométrico 21+400. O importe desta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rolda os 200.000 euros, e considérase que o prazo para a súa execución se prolongará durante 2 meses.

Nun primeiro momento os medios de conservación de estradas da Xunta sinalizaron o desprazamento, cortando un dos carrís da estrada. Con todo, o día seguinte o desprazamento agravouse, comprobándose que o problema non só era da estrada, senón de toda a ladeira baixo ela ata a cota do río Antigua. Procedeuse ao corte total da estrada, xa que non se podía garantir un tránsito seguro por ela.

Segundo o proxecto definido polo Departamento de Infraestruturas da Xunta, procederase a repoñerse o firme da calzada e o sistema de contención de vehículos con barreiras de seguridade e a nova construción de cunetas revestidas de formigón para evitar futuras filtracións das augas ao terreo.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...