Homesociedade25 anos de información municipal en Quiroga

25 anos de información municipal en Quiroga

Hoxe, día de Noiteboa, cúmprense 25 anos da primeira emisión que realizou a Televisión Municipal de Quiroga. Tamén hai 25 anos comezaba a andar a radio municipal, para celebralo organízase un acto no Auditorio o día 28.

Publicado o

- Advertisement -

As primeira imaxes que puideron ver os veciños e veciñas nas súas casas a través da televisión municipal foron as dunha viaxe a Arxentina que realizaban os alcaldes de Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga dentro da ‘operación Morriña’ da Xunta de Galicia.

Tamén a Radio Municipal cumpriu este ano 25 anos. Uns meses antes,  o 2 de abril de 1994, coincidindo coa XII Feira do Viño, comezaba a súa andaina no 107.3 a Radio Municipal de Quiroga. 

Durante estes 25 anos, nos que estas dúas canles non deixaron de emitir, tentáronse manter os dous principios cos que naceron: o máis lúdico, entreter; e o máis responsable, achegar a todos os veciños e veciñas o acontecido día a día neste municipio.

Con motivo desta celebración, o vindeiro sábado día 28, o Auditorio Municipal acollerá unha gala coas actuacións do quirogués, Julio Ferrín e o músico e cantante galego, Roi Casal. Esta última forma parte do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia. A gala comezará a partir das sete da tarde cun repaso a estes 25 anos.

Cartel da gala 25 Aniversario

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...