HomesociedadeA Deputación quere derogar o decreto para o plurilingüismo no ensino

A Deputación quere derogar o decreto para o plurilingüismo no ensino

O pleno da Deputación vén de aprobar unha moción do grupo nacionalista que sinala o retroceso no uso da lingua entre a poboación infantil e a mocidade, en liña co informe do Consello de Europa en relación coa Carta Europea da Linguas.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo insta á Xunta de Galiza a derrogar o decreto para o plurilingüismo, que marca a política lingüística no ensino non universitario. Así o recolle a moción impulsada polo BNG e aprobada este martes no pleno provincial, que dá eco ao último informe do Comité de Expertos do Consello de Europa en relación coa Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.

A proposta, que tivo os votos en contra do Partido Popular, refrenda o apoio da Deputación  Provincial de Lugo ás recomendacións recollidas nese documento de avaliación emitido o pasado 11 de decembro e insta á Xunta de Galiza e ao goberno do Estado a avanzar no seu cumprimento.

O informe fai fincapé na necesidade de modificar a Lei Orgánica do Poder Xudicial para garantir o uso das linguas cooficiais nos procedementos xudiciais a pedimento dunha das partes, de mellorar o uso das linguas cooficiais na administración do Estado nas Comunidades Autónomas e a eliminar as limitacións do ensino en galego en Galiza.

No seu artigo 8, a Carta Europea, que España subscribiu no 2001,  compromete ás autoridades a ofrecer unha liña de educación preescolar e de ensino primario, secundario, técnico e universitario en lingua galega. En contra diso,  a normativa sobre o uso do galego no ensino,  restrinxe o uso do idioma propio a un máximo do 50% do currículo, excluíndoo totalmente de materias como as matemáticas, a física e a química.

“Por primeira vez na historia hai nenas e nenos en Galiza que non falan nin entenden o galego. Ese é o resultado de dez anos de política linguística do Partido Popular”, sinalan os nacionalistas. En liña co manifestado por representes institucionais da Xunta de Galiza, o deputado popular Agustín Baamonde cuestionou o informe emitido polos expertos europeos.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...