IniciosociedadeQueredes coñecer as 12 novas máis vistas do 2019?

Queredes coñecer as 12 novas máis vistas do 2019?

Aproveitamos que remata o ano para facer balance das publicacións máis destacadas e agradecer o seguimento que tivemos, un apoio que vai en aumento e reafirma o interese en coñecer a actualidade a través da prensa diaria dixital e en galego no sur de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Xa sabemos que non inventamos nada publicando un ‘top’ das noticias máis vistas pero unha boa escolma que resuma o máis impactante deste 2019 axuda a lembrar temas interesantes aos que deu cobertura este medio e a repercusión que tiveron.

Para facer a escolla decidimos desbotar moitos sucesos, acontecementos que polo xeral dan moito que falar, compártense moito e xeran moitas visitas. Centrámonos noutros contidos, contidos que espertaron o interese dos nosos lectores e que teñen que ver na súa maioría con relatos de historias próximas e asuntos de preocupación social.

Escollemos 12 novas facendo unha chiscadela aos 12 meses do ano e ás 12 uvas que se tomarán na media noite do 31 de decembro para festexar a chegada do 2020. Un ano este que agardamos con gran ilusión para seguir nesta aventura con Xornal de Lemos, un medio dixital que en pouco tempo está gañando xa a simpatía de moita xente e gañando poder de influenza.

Velaquí a clasificación encabezada polos titulares:

1-Casa abandonada, dá máis gastos que nada.

Foi un artigo de opinión de Xanín Carpinteiro que falaba das repercusións da entrada en vigor da Lei 1/2019 de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación urbanas de Galicia. Interesantes anotacións para saber como lle afecta ao cidadán a intervención pública para rematar coas casas ruinosas.

2-“Mamá escríbeo todo, non deixes que me olviden”, díxolle Luis Nieves á súa nai.

Foi un emotivo artigo sobre o I Concerto Homenaxe a Luis Nieves, un músico monfortino que finou este ano deixando un futuro prometedor no mundo da música e moitísimos amigos/as. O día 13 de decembro fíxose ese concerto na súa honra e súa nai contaba tamén que tiña a intención de crear unha asociación para axudar a músicos que non teñan recursos.

Luis e Rosa / Rosa Nieves

3-O gran lume de Monforte obriga a pechar a Vía rápida a Lalín.

Foi unha das desgrazas medioambientais do sur de Lugo este ano. O gran lume de Monforte de Lemos a principios de setembro. Comezou o día 5 e deuse por extinguido o 9 afectando a preto de 500 hectáreas.

4-Emmely Föhring: “Encantaríame poder atopar torradas ou sobremesas cos nosos produtos en calquera restaurante do Castro de Ferreira.

Foi unha interesante entrevista do colectivo Segredos de Pantón que daba a coñecer a historia dunha alemá que chegou a Galicia e fixou a súa residencia nunha aldea de Pantón onde creou a súa marca de produtos ecolóxicos Tuta Fruta.

Traballando a terra en Tanquián. Foto: Emmely F.

5-A odisea dunha paciente de Quiroga entre o HULA e o Hospital de Monforte.

Este artigo tratou o caso dunha paciente de 70 anos que denunciaba a falta de atención do HULA ante unha doenza que a podía deixar en cadeira de rodas.

6-“Non cambiaría a miña infancia en Taboada por nada” explica a cantante e compositora Najla Shami na preestrea de Ela sabe a sol.

Interesante historia dunha rapaza galega palestina que pasou a súa infancia no Concello de Taboada e destaca como compositora, cantante e guitarrista.

7-VÍDEOS E FOTOS: Así é o devastador incendio en Monforte.

Outra das novas relacionadas coa repercusión que tivo o gran lume do sur de Lugo este verán.

8-‘Encargo exprés’ a unha empresa de Quiroga para a visita do Rei a Galicia.

Anécdota curiosa que situou no mapa galego á empresa quiroguesa Artesanía Armaior despois dun sorpresivo encargo, unha artesa en madeira de oliveira para presentar produtos galegos na visita do Rei Felipe VI a Galicia.

Artesiña encargada a piques de ser rematada para enviar a Santiago. Foto: Armaior

9-Animalistas denunciarán a brutal paliza dun cazador a unha cadela a que disparou en Chantada.

Unha desas novas que teñen gran repercusión social pola repulsa que provocan. O maltrato animal levado ao extremo.

10-“Namoreime dunha pulpeira” quere ser a canción do verán.

Xornal de Lemos entrevistaba a ‘Los Jinetes del Trópico’, unha formación musical da Ribeira Sacra que viña de presentar o videoclip deste tema esperando colocar a canción como hit galego do verán.

11-A candidatura do BNG de Monforte quere superar “ a actual política de festas e asfalto”.

Foi a presentación da candidatura nacionalista para as municipais. O lema que figura no titular deu moito que falar.

12-“Iván no comerá las uvas” chegaron a dicirlle os médicos aos meus país, relata Iván Quiñoá.

Interesante entrevista que lle fixemos ao sarrián Iván Quiñoá, quen a raíz de superar un cancro decidiu axudar aos demais contando a súa experiencia nun libro e tamén en charlas, conferencias e obradoiros.

Iván Quiñoá. Fonte: Chantada contra o cancro

E ata aquí o “Top 12” do 2019. Seguídenos lendo e compartindo no 2020 e sede moi felices!

ÚLTIMAS

Roteiro Literario para coñecer as localizacións da novela “A Boca do Monte”, en Quiroga

Preto dun cento de estudantes do IES As Lagoas de Ourense coñeceron o pasado...

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...