IniciosociedadeRematada a rehabilitación do acceso a Vilasouto

Rematada a rehabilitación do acceso a Vilasouto

Rematados os traballos de rehabilitación do firme da estrada de acceso á presa de Vilasouto, no concello do Incio, acometidos pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) desde a estrada LU-644 á coroación da presa.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, explica que se trataba dunha actuación “moi necesaria” debido o mal estado que presentaba o firme. As obras foron adxudicadas por 62.921 euros á empresa ACOVAL.

O pasado mes de agosto o rexedor do Concello do Incio, Héctor Corujo, mantivo unha xuntanza de traballo co presidente da CHMS, José Antonio Quiroga,  na que amosou o seu interese, entre outros asuntos, polo arranxo desta estrada que une Laiosa coa presa, así como co mantemento das infraestruturas que son competencia do organismo da conca. Tamén se preocupou polo desbroce da vía que conecta os núcleos de Vilasouto e Mosteiró.

Na mesma reunión, o alcalde propúxolle ao presidente da entidade facer navegable o embalse de Vilasouto, unha proposta que o responsable da entidade se comprometeu a estudar.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...