HomesociedadeQuiroga aproba o plan municipal de prevención de incendios forestais

Quiroga aproba o plan municipal de prevención de incendios forestais

O Concello de Quiroga conta cun plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais. A corporación municipal aprobou unanimemente en sesión plenaria o proxecto, sumándose así ao convenio asinado entre a Fegamp e a Xunta de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

O obxectivo principal do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais é garantir o control e a eliminación total ou parcial da biomasa forestal, mediante técnicas silvícolas axeitadas, co fin de reducir o risco de incendio e protexer a seguranza das persoas.

A empresa pública SEAGA fixo o proxecto delimitando as franxas de 50 metros que se deberán limpar ao redor de cada un dos 121 núcleos de poboación cos que conta o municipio de Quiroga. A Consellería de Medio Rural foi a encargada de realizar o informe en base a este proxecto que agora ratificou unanimemente a corporación municipal.

Unha vez delimitado o terreo notificaráselle a cada propietario a franxa que lle corresponderá limpar para realizar as franxas secundarias que marca a Lei da Xunta de Galicia en materia de prevención de incendios forestais. O concello será o encargado de velar que cada propietario cumpra co seu cometido, de non facelo os propietarios, será a empresa pública a que se encargue de rozar o terreo co seu conseguinte custo.

O Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (PEIFOGA), marca un moderado índice de risco potencial para o Concello de Quiroga, que está declarado como zona de alto risco. Entre os anos 2008 – 2017, o municipio rexistrou unha media de 11,5 incendios por ano e 75,57 hectáreas queimadas. No 2019, a pesar de que o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia non definiu ningunha das 22 parroquias do municipio como de alta actividade incendiaria, producíronse dous grandes lumes forestais, un na zona de Montefurado, con 148 hectáreas afectadas e outro en Vilañán con 110 hectáreas.

Incendio forestal en Montefurado, Quiroga / Consellería do Medio Rural

ÚLTIMAS

Concentracións no Centro de Saúde de Monforte polas agresións verbais ao persoal

Co lema “Coida a quen te coida. Stop agresións”, demandan rematar coa violencia verbal...

Xornadas de Tecnoloxía no IES Daviña Rey de Monforte

O IES Daviña Rey acolle unha nova edición das Xornadas de Tecnoloxía, evento que...

7 establecementos participan no Concurso de Tapas de Taboada que se celebra os días 13 e 14 de marzo

O concurso terá lugar os días 13 (venres) e 14 (sábado) de marzo con...

Paulino Fierro Cadórniga: “O regreso desde a India non foi sinxelo, de súpeto había unha guerra entre eu e o meu fogar”

O que nos levan demostrado as guerras é que son imprevisibles, están fóra de...