Homesociedade'Estase Cocendo' en Monforte e 'Frases de pai' en Sarria

‘Estase Cocendo’ en Monforte e ‘Frases de pai’ en Sarria

A Delegación da zona sur da APEHL organiza este sábado, 7 de abril, visita a Monforte dentro da celebración do Estase Cocendo; e ACES Sarria desenvolve entre o 6 e o 9 de marzo a campaña promocional con motivo do día do pai "Frases de pai".

Publicado o

- Advertisement -

A Delegación da Zona Sur da Asociación Provincial Empresarios Hostalería e Turismo de Lugo, por motivo da celebración do Estase Cocendo, organiza este sábado, 7 de Marzo, unha visita guiada por Monforte, gratuita e aberta a todos os interesados. Comezarase ás 11.00 diante dos Escolapios e a actividade terá unha duración de hora e media; ao remate contarase con degustación de viño da D.O. Ribeira Sacra.

As personas interesadas en participar nesta actividade deben de inscribirse nos teléfonos 982.412.050 / 676.101.649, ou ben anotarse no momento da saída.

Frases de pai

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenvolve do 6 ao 19 de marzo a campaña promocional con motivo do día do pai “Frases de pai“. Na campaña participarán case unha trintena de establecementos. Os clientes dos establecementos adscritos á campaña, deberán cubrir os seus datos no tícket de compra e deposítalo na urna habilitada a tal efecto no comercio; despois de escribir unha “frase típica de pai”, nas viñetas que lles serán facilitadas.

A partires do luns 16 de marzo, os escaparates dos comercios participantes amosarán as viñetas recollidas durante a semana. O ano pasado, esta homenaxe fíxoselle ás nais, nesta ocasión os escaparates da vila vestiranse con frases que lembran aos pais.

O martes día 24 de marzo ás 13:00 horas sortearanse douscentos euros entre todos os clientes que participen na campaña, repartidos en 4 vales de 50 euros.

Esta nova campaña convivirá coa campaña que está en vigor no clube do CCU Sarria, “súbete ao clube CCU Sarria e gaña”, que premia a fidelidade dos clientes do CCU con cincocentos euros, repartidos en varias tarxetas prepago, e os cales revertirán de novo no colectivo do CCU.

ÚLTIMAS

“É un orgullo que pensaran en min como pregoeira”, Mónica Fernández, sumiller

Falamos con Mónica Fernández aproveitando que está a pasar uns días en familia na...

Conclúe con éxito o rescate en helicóptero das xovencas que caeron por un barranco en Taboada

A Administración autonómica púxose desde o primeiro momento a disposición do Concello de Taboada...

Co lema de defensa dos dereitos, das liberdades e dun futuro digno para Galiza, a CIG celebrou o 1º de Maio

A central sindical celebrou esta xornada reivindicativa para expresar o rexeitamento ás políticas que...

FEARS e Por Chantada poñen o foco na instalación enerxética prevista en Pesqueiras

A veciñanza de Pesqueiras a través de Stop Baterías Ribeira Sacra denuncia irregularidades nos...