HomesociedadeQuiroga publica nas redes sociais que comeza a desinfección intensa

Quiroga publica nas redes sociais que comeza a desinfección intensa

Os Concellos ofrecen a través das redes sociais distintos servizos aos cidadadáns para que estean informados e para que teñan un entretemento. Coñecemos algunhas das propostas máis interesantes.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Quiroga anunciaba este venres, día 20 de marzo, nas redes sociais, que se comezara a realizar “unha desinfección intensa naquelas zonas de entradas de establecementos que están abertos ao público”. Medidas que repetirán diariamente antes de que os veciños saian á rúa. A desinfección faise en supermercados, farmacias, bancos, tendas de animais, residencia da terceira idade, e naqueles zonas de entrada e saída de persoas.

Moitos concellos ofrecen alternativas online para os rapaces. Por exemplo, o concello de Sober organiza Merendas con Contos virtuais os venres pola tarde, nas redes sociais, mentres dure o estado de alarma e este venres o Concello do Incio ofreceía online un espectáculo de maxia. Tamén se ofrece un xogo a través dun enlace relacionado co Día da Poesía, 

Ou o concello de Chantada que ofrece o enlace dun conto que lles explica aos pequenos a situación que estamos a vivir e convidan a que se lea en familia.

O facebook do concello da Pobra do Brollón ofrece, cada día, a modo de televisión local #GuimaraliaTeVe, un achegamento á cultura e a música do concello contando con actuacións de artistas locais. Aseguran que o seu obxectivo é a que corentena sexa máis doado de levar con información e propostas musicais, audiovisuais, lecturas, etc. para pasar estes días.
O concello de Pantón pregunta se precisas algo e incorpora números de contacto para calquera incidencia, como en xeral ofrecen todos os concellos. A maiores moitos municipios contan co servizo de comida e medicamentos a domicilio. Taboada publicaba fai unha hora que a Xunta acaba de poñer un teléfono gratuíto para a atención das persoas maiores, que comezará a funcionar o día 23, o 900 400 800. Un teléfono de voluntariado e atencion psicolóxica, conversa acompañamento, ou atencion a persoas con especiais necesidades. Non atenderá chamadas sanitarias, para atencion sanitarias 900 400 116.

ÚLTIMAS

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...

Detidos dous homes como supostos autores de ‘ciberestafas’ denunciadas en Lugo e Monforte

Segundo informaron fontes policiais, unha das estafas foi denunciada en Lugo, e a vítima...