Homesociedade558 falecidos por COVID-19 en Galicia

558 falecidos por COVID-19 en Galicia

Nas residencias, Sanidade confirmou que se mantén o número de falecidos dentro dos centros de maiores en 128 (sen contar aos usuarios que morreron en hospitais ou en residencias integradas), ao non producirse ningunha morte na xornada do xoves.

Publicado o

- Advertisement -

Desde que empezou a pandemia morreron 22 maiores dentro do centro DomusVi de San Lázaro, 20 no DomusVi de Cangas, outros 21 na residencia A nosa Señora da Esperanza e 13 na DomusVi do barrio vigués de Barreiro.

Tamén se produciron 5 na residencia Moledo (Vigo), 9 no Portazgo (A Coruña), un no Fogar Bellolar, outro na residencia de Castro Caldelas, 7 en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), 8 na DomusVi Matogrande (A Coruña), tres na Santa Teresa de Jornet (A Coruña), un na Caser A Zapateira (Culleredo), un en San Carlos de Celanova, dous na residencia Divino Mestre (Ourense), tres na residencia San Pedro de Crecente e tres nas Fragas de Pontedeume. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...