Agasallos para as cativas e cativos de Castro Caldelas

O concello vén de entregarlles un diploma, agasallos e lambetadas polo seu bo comportamento.

Membros de Protección Civil e da Garda Civil facendo a rolda de visitas. Foto: Concello de Castro Caldelas

A Alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés, en colaboración coa Garda Civil e Protección Civil, dedicaron o pasado sábado 2 de maio a visitar os oitenta pequenos e pequenas do concello.

O obxecto desta visita a domicilio era agasallalos polo comportamento responsable durante o estado de alarma, e para iso percorreron o núcleo urbano e todas as parroquias con música ao tempo que entregaban a cada un deles un diploma, un presente e lambetadas.

Unha nena ensina o seu Diploma. Foto: Concello de Castro Caldelas

Segundo palabras da rexidora local, “foi emocionante recibir o seu agarimo, a súa ilusión, os seus debuxos e o seu sentir”. A experiencia, en definitiva, resultou emotiva para os pequenos e pequenas pero tamén para as familias e para os que repartiron os agasallos.

A alcaldesa cunha familia nunha das visitas. Foto: Concello de Castro Caldelas

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here