HomesociedadeA cidade despois da Covid19

A cidade despois da Covid19

Ante a posibilidade dun aumento brusco do uso do vehículo privado logo deste parón causado pola pandemia, Ecoloxidtas en acción insta a aproveitar este peculiar contexto para repensar os modelos de mobilidade.

Publicado o

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción propón unha serie de medidas para reducir a demanda de mobilidade, facilitar e fomentar os desprazamentos a pé e en bicicleta e potenciar o transporte público. De cara ao primeiro, axudaría “o teletraballo, a compra de proximidade e a administración electrónica”, tamén a flexibilidade de horarios para evitar a creación de horas punta e a creación de zonas verdes temporais.

Reducir os límites de velocidade, ampliar as beirarrúas para facilitar o distanciamento físico, establecer zonas con prioridade peonil, restrinxir a circulación de vehículos e reducir os tempos de espera nos semáforos son algunhas das medidas orientadas a facilitar os desprazamentos a pé. A bicicleta, que tamén fomenta a implantación dun modelo de mobilidade sostible, veríase reforzada se se promoven aparcamentos seguros, se se potencia a intermodalidade entre bici e transporte, ou se se xeran plans de axuda.

E como potenciar o transporte público? Ecoloxistas en Acción insta a ampliar o número de carrís bus, mellorar a información en tempo real sobre as opcións de transporte ou aprobar unha lei estatal de financiamento e de xestión pública. A raíz desta crise sanitaria faise preciso taménreforzar a seguridade no transporte público, intensificar as tarefas de limpeza e desinfección, dispoñer de indicacións claras para asegurar que non se supere o aforo recomendado e as distancias de seguridade e dotar o persoal de medidas de prevención e protección.

Por último, Ecoloxistas en Acción pide “reverter o desmantelamento do tren de proximidade” e recuperalo como “servizo vertebrador” do territorio que, ademais, axuda a fixar poboación no rural. A información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...