Homesociedade2 novos casos de Covid19 en Galicia, un deles na provincia

2 novos casos de Covid19 en Galicia, un deles na provincia

18 casos activos da Covid19 na provincia de Lugo, 1 máis ca onte, que sumado a un novo caso na área sanitaria de Santiago, sitúa os casos activos en Galicia en 343.

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves, 18 de xuño, a provincia de Lugo conta con 18 casos activos de coronavirus, 1 máis ca onte, dos que 1 está en hospitalización no HULA, 1 menos ca onte e os 17 restantes, nos seus domicilios, 2 máis ca onte.

A provincia contabiliza, segundo datos do Sergas, desde o comezo da pandemia, 919 altas e 28 falecementos. Os casos totais son 965.

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia aumentou en dous pacientes desde este mércores e sitúase en 343. Ademais do novo caso na área sanitaria de Lugo, deuse un novo caso na área sanitaria de Santiago.

Do total de pacientes positivos en Galicia, seis permanecen en unidades de hospitalización –uno menos que o mércores– e 337 en seguimento domiciliario –tres máis que a xornada pasada–. As UCIs da Comunidade galega continúan sen casos COVID.

 

 

ÚLTIMAS

“Salvamos o Malecón” solicita a revisión de oficio da autorización de Patrimonio no proxecto da nova ponte en Monforte

A plataforma presentaba a mediados desta semana ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural...

A Deputación mellora estradas provinciais en Chantada cun investimento de 1M€

A mandataria provincial comprobou o estado da LU-P-1801 que une a localidade cos Peares,...

Éxito de público no Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte que rematou con entrega de premios o día 27

A Concelleira de Cultura do Concello de Monforte, Marina Doutón, entregou o día 27...