IniciosociedadeAfectados polo peche do CEIP Frei Luís de Granada ven "inviable" un...

Afectados polo peche do CEIP Frei Luís de Granada ven “inviable” un curso na Escola Fogar

A Xunta licita por máis de 1,4 millóns a rehabilitación colexio, que leva pechado desde o mes de febreiro por problemas estruturais.

Publicado o

- Advertisement -

A plataforma de afectados polo peche do colexio Frei Luís de Granada, cualificaron de “inviable” a intención da Xunta de deixar a parte do alumnado deste centro en –uns 200 escolares– na Escola Fogar.

En declaracións a Europa Press, o portavoz da plataforma, Javier Pico, explica que “unha das consideracións que fai a consellería” para tratar a obra de urxente é “a posibilidade de risco para os nenos” sobre todo “durante os primeiros meses das obras”.

Neste sentido, lembrou que a Escola Fogar, á que se pretende trasladar a estes nenos, comparte espazos de entrada e saída co propio CEIP Frei Luís de Granada. Por iso, sinala “non é cuestión de minimizar os riscos, se non de eliminalos” porque “os nenos non poden ter ningún tipo de risco mentres se executan as obras”.

Para Javier Pico “os nenos necesitan ter unhas aulas dignas” e uns “espazos públicos onde xogar que sexan adecuados”, condicións que, na súa opinión, a Escola Fogar “non cumpre”.

A solución para Pico é “sinxela” e pasa por trasladar “á totalidade do alumnado a outros centros” ou mesmo “instalar aulas móbiles”. Con todo, sinalou que, a día de hoxe, non existe “ningunha comunicación oficial da consellería de educación” de que pasará “co realoxamento dos alumnos” para o próximo curso escolar.

OBRAS

En concreto, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, licitou por máis de 1,4 millóns de euros a rehabilitación do CEIP Frei Luís de Granada de Sarria, que leva pechado desde o mes de febreiro por problemas estruturais.

Respecto diso, o departamento autonómico informa de que as actuacións no centro educativo divídense en tres partes, un reforzo estrutural, unha mellora na eficiencia enerxética, e unha terceira que contempla diferentes obras de acondicionamento.

As obras no colexio sarrián comezarán, previsiblemente, no mes de agosto e teñen un prazo de execución de sete meses, o que impediría que os alumnos volvesen ás clases, nese centro educativo durante o próximo curso, polo que seguirán instalados, moitos deles, na Escola Fogar.

ÚLTIMAS

Un home de Sarria enfróntase a un ano de prisión por acosar a unha muller a través das redes sociais e pola rúa

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo acollerá este xoves a vista oral...

Penas de ata dous anos e medio para os cinco responsables da empresa de seguridade Alcor

O Ministerio Fiscal solicitou este mércores na Audiencia Provincial de Lugo, na última sesión...

“Non se poden deixar pobos sen atención médica durante semanas”, denuncia Pladesapu

Nesta situación e ante as últimas protestas a resposta desde a xerencia foi que...

115.000€ da Deputación para a mellora de vías na parroquia lancaresa de Río

Os 115.000€ que aporta a Deputación supoñen o 96% do orzamento total das actuacións...