HomesociedadeAxudas para melloras nas traídas de auga veciñais

Axudas para melloras nas traídas de auga veciñais

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de publicar no DOG a convocatoria de axudas para traídas de auga veciñais. As achegas van destinadas á mellora da calidade da auga dos abastecementos xestionados por comunidades de usuarios legalmente constituídas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta liña de axudas vai destinada á mellora da calidade da auga dos abastecementos xestionados por comunidades de usuarios/as legalmente constituídas na nosa Comunidade Autónoma e a dotación para acometer estes traballos é de 750.000 euros para os exercicios 2020 e 2021 (200.000 € para o 2020 e 550.000 para o 2021). Aquí toda a información relativa ás bases da convocatoria, publicadas no DOG o pasado 21 de xullo.

Poderán ser beneficiarios desta convocatoria as comunidades de usuarios/as que acrediten incumprimentos de parámetros sanitarios da calidade das augas, mediante analíticas e que presenten proxectos para a implantación ou mellora dos sistemas de tratamento da auga; para melloras as infraestruturas de almacenamento que incidan directamente na mellora da calidade; ou a realización de análises da auga para comprobar a súa calidade antes e despois da intervención.

As axudas cubrirán o 80% do financiamento das actuacións que resulten elixidas, segundo criterios obxectivos, ata un máximo de 15.000 euros por proxecto. O 20% do financiamento restante deberá ser achegado pola propia comunidade de usuarios que resulten beneficiaria da subvención, non sendo compatible con outras subvencións ou axudas.

As axudas cubrirán o 80% do financiamento das actuacións que resulten elixidas, segundo criterios obxectivos, ata un máximo de 15.000 euros por proxecto.

O 30% do importe da convocatoria, é dicir, 225.000 euros, destinarase ao financiamento de proxectos de comunidades de usuarios de ata 50 membros. Os outros 525.000 euros, o 70% restante, estará dirixido ás actuacións de comunidades de usuarios con máis membros.

Cómpre sinalar o importante papel das traídas veciñais no ámbito rural ao ser, en moitas ocasións a solución máis eficiente para abastecer a poboacións que se atopan máis afastadas. Neste sentido, a lexislación estatal de augas bríndalles xa un marco lexislativo especial, outorgándolle carácter de corporacións de dereito público adscritas e tuteladas polo organismo de conca.

Estímase que unhas 600.000 persoas en Galicia utilizan pequenos sistemas de abastecemento propios, xa sexan veciñais ou individuais.

No caso de Galicia, as especiais características poboacionais, cunha forte dispersión, fai que se teña recorrido de xeito habitual a solucións autónomas para abastecerse de auga potable. De feito, estímase que unhas 600.000 persoas en Galicia utilizan pequenos sistemas de abastecemento propios, xa sexan veciñais ou individuais.

ÚLTIMAS

600 alumnos de oito centros  da Ribeira Sacra participan en Monforte no Correlingua

O Parque dos Condes reuniu aos mozos e mozas de colexios e institutos baixo...

Recollida de plásticos agrícolas nas parroquias de Monforte este 27 de maio

A recollida de plásticos agrícolas levarase a cabo dende primeira hora da mañá e...

Chantada promociónase en Festur 2024 do 30 de maio ao 2 de xuño

O Concello de Chantada participa un ano máis en Festur 2024, X Feira de...

O folión de carros a ollos da infancia de Chantada

O próximo 24 de agosto celebrarase en Chantada o Folión de Carros, como é...