HomesociedadeEn marcha as obras da estrada provincial entre Canaval e Arxemil

En marcha as obras da estrada provincial entre Canaval e Arxemil

As actuacións realízanse na vía LU-P-5902 no concello de Sober e supoñen un investimento de máis de 61.000€ para a limpeza de cunetas, drenaxe e estendido de aglomerado en quente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana véñense de iniciar en Sober os traballos de mellora da estrada provincial  LU-P-5902, que une o núcleo de Canaval con Rosende e Arxemil. Nestas actuacións a institución provincial inviste máis de 61.000€.

Os traballos desenvólvense entre os puntos quilométricos 3,5 e 4,5 e consisten na limpeza de cunetas, drenaxe, pavimentación con aglomerado en quente e a correspondente sinalización horizontal. 

Con estas actuacións que comezaron, este marte, 4 de agosto, en Sober, a Deputación continúa a mellorar a rede viaria provincial, favorecendo deste xeito a seguridade, o equilibrio territorial e a calidade de vida dos veciños e veciñas da provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...