HomesociedadeTerceiro morto na residencia do Incio

Terceiro morto na residencia do Incio

Publicado o

- Advertisement -

Un home de 68 anos usuario da residencia de maiores do Incio faleceu este sábado, de forma que é a terceira morte en relación con este brote. Segundo informa a Consellería de Sanidade na tarde deste sábado, o home faleceu no Hospital Lucus Augusti (HULA) de Lugo, onde se atopaba ingresado, e presentaba patoloxías previas.

Esta semana detectouse un brote na residencia da Fundación San Rosendo do municipio lucense do Incio que provocou outras dúas mortes, dous homes de 93 e 77 anos.

Esta residencia atópase intervida pola Xunta e actualmente conta con 64 casos activos –56 maiores e oito traballadores–, tras tres falecementos.Deste xeito, o total de falecidos en Galicia ascende a 632, nunha xornada na que tamén se coñeceron as mortes de tres persoas na área da Coruña.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...