HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra leva recolleito 3.496.411 quilos

A D.O. Ribeira Sacra leva recolleito 3.496.411 quilos

Ademais da prevista diminución da colleita desta campaña, a uva ten un estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención da Covid19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ás portas da última fin de semana de setembro, das 93 adegas acollidas á Denominación que vendiman nesta campaña, 58 xa completaron os traballos, 35 adegas están vendimando e non queda ningunha adega por comezar, cando o ano pasado a 30 de setembro aínda había adegas por comezar coa vendima na D.O. 

A data 24 de setembro levan recolleitos 3.496.411 quilos, que por variedades distribúense do seguinte modo:


Variedades tintas

  • Mencía 2.809.318 quilos
  • Garnacha 82.783 quilos
  • Merenzao 51.022 quilos
  • Caíño 26.432 quilos
  • Brancellao 25.461 quilos
  • Sousón 24.976 quilos
  • Tempranillo 19.497 quilos
  • Mouratón 3.365 quilos
  • Grao Negro 50 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 338.708 quilos
  • Albariño 62.789 quilos
  • Treixadura 35.514 quilos
  • Dona Branca 6.653 quilos
  • Branco Lexítimo 4.272 quilos
  • Torrontés 3.060 quilos
  • Loureira 2.511 quilos

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...