IniciosociedadeDía mundial da 'Saúde mental'

Día mundial da ‘Saúde mental’

Este ano o lema é “Saúde Mental e Benestar. Unha prioridade global”. A asociación 'Albores Saúde Mental' adaptará a conmemoración do día á situación sanitaria e limitarase a medios dixitais

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado 10 de Outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental. O lema é  “Saúde Mental e Benestar. Unha prioridade global”, adoptado a nivel estatal, seguindo a temática proposta pola Organización Mundial da Saúde.

Segundo  a OMS a saúde mental é unha das áreas máis desatendidas da saúde pública tendo en conta que o acceso a servizos de atención de calidade e gratuítos é moi limitado. Se a isto lle engadimos a situación actual de pandemia a situación agrávase.

Segundo manifesta a Organización Mundial da Saúde: “Xa estamos a ver as consecuencias da pandemia de COVID-19 no benestar mental das persoas, e isto é só o principio. A menos que nos comprometamos seriamente a aumentar o investimento en saúde mental agora mesmo, as consecuencias sanitarias, sociais e económicas terán un gran alcance”. E engaden que “segundo a experiencia adquirida en emerxencias pasadas, espérase que as necesidades de apoio psicosocial e en materia de saúde mental aumentarán considerablemente nos próximos meses e anos” .  

Este ano, a asociación monfortina Albores Saúde Mental adaptará a conmemoración do día á situación sanitaria actual e limitará as súas actividades aos medios dixitais e cunha programación que se estenderá ao longo de todo o ano.

Actividades programadas

1. Finalización da exposición fotográfica Fotoxénica-Mente III que se presenta baixo o lema “Conecta coa vida“. Actualmente atópase na primeira pranta do Centro de Saúde de Chantada. Retirarase nas vindeiras semanas polo que aída se pode seguir vendo.

2. Convocatoria do seguinte certame: Fotoxénica-Mente IV co lema “Saúde mental e benestar” do que xa se coñecen as bases e o cartel.

3. Faranse aparicións en medios dixitais e escritos ao longo de todo o ano, que xirarán en torno a temática do lema deste ano.

Cartel do Concurso

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...