Delitos contra a seguridade viaria no sur da provincia

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño do Saviñao, de 64 anos de idade, que aparece como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria ao conducir un vehículo de motor (ciclomotor) sen obter nunca permiso de condución.

Garda Civil / Garda Civil

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Castro de Rei,de 58 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria ao conducir un vehículo de motor sendo privado do permiso ou licenza.

O mesmo acontence cun veciño do Saviñao, de 64 anos de idade, que aparece como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria ao conducir un vehículo de motor (ciclomotor) sen obter nunca permiso de condución.

Tamén se investiga a unha menor, veciña de Palas de Rei, como suposta autora dun delito contra a seguridade viaria ao conducir un vehículo de motor sen obter nunca permiso de condución. A presunta autora publicou nunha rede social un vídeo no que se lle observa conducindo un vehículo.

Impútase en calidade de investigadoa a un veciño de Lugo, de 64 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria, tras a realización das probas de detección de alcol en aire expirado arroxa taxas de 0,70 mg/ l; e a un veciño de Barcelona, de 52 anos de idade, que tras a realización das probas de detección de alcol en aire expirado arroxa taxas de 0,78 mg/ l. As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here