HomesociedadeO Presidente da Deputación inaugura o renovado campo de golf Río Cabe

O Presidente da Deputación inaugura o renovado campo de golf Río Cabe

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este domingo na inauguración das renovadas instalacións do campo do Club de Golf Río Cabe en Monforte de Lemos. A institución provincial aportou máis de 40.000€ para o proxecto de remodelación do recinto e para promocionar o turismo deportivo na provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O mandatario provincial sinalou que o golf é un deporte cada vez máis popular e un dos que máis medra e fichas federativas, polo que recoñeceu ós impulsores da remodelación do campo monfortino “que souberan detectar esa demanda, darlle resposta e ampliar a oferta golfista da nosa provincia”.

Tomé Roca puxo en valor estas actuacións, “unha boa noticia para os afeccionados deste deporte, para Monforte, para a Ribeira Sacra e para o turismo de toda a provincia”. O Presidente destacou neste sentido a colaboración que fai a Deputación “co deporte e coas iniciativas que contribúen a consolidar unha oferta turística de calidade, sostible, variada, que aporte valor engadido coma esta. Unha oferta que poña en valor a nosa paisaxe, o patrimonio, a gastronomía e que ofreza tamén actividades de lecer adecuadas ás demandas do actual mercado turístico”.

A axuda económica por parte do organismo provincial permite ao Club de Golf Río Cabe contar cunhas renovadas instalacións deportivas de primeiro nivel, que pasan dos 9 buratos aos 18 actuais, cun percorrido de preto de 1.600m2. Concretamente, o convenio da Deputación incluíu a instalación de múltiples elementos de sinalización, como bandeirolas, marcas do solo ou placas informativas; a preparación do campo, cun semellado, acondicionamento e sega dos greenes; e os controis para a celebración do torneo, como as tarxetas de puntuación ou a recepción dos participantes na proba. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...