HomesociedadeOs concellos vístense de Nadal

Os concellos vístense de Nadal

Monforte, Chantada ou O Saviñao son algúns dos concellos do sur da provincia que xa teñen en marcha a iluminación de Nadal, que ten como un dos obxectivos principais dinamizar os negocios locais nestas datas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Monforte o acendido oficial tivo lugar na Praza de España, diante dun novidoso arco-paquete-agasallo que simboliza, en verbas do Alcalde “unha nova esperanza e unha nova ilusión para o vindeiro ano 2021.” Dende o Equipo de Goberno  considérase que instalar este ano o alumeado de Nadal é unha boa maneira de axudar ó comercio e á hostalería monfortinos, animando tanto ós cidadáns como ós veciños dos concellos limítrofes a saír da casa e a mercar nos establecementos monfortinos, contribuíndo á dinamización económica.

Nadal iluminación Monforte / concello de Monforte

Este ano ilumínanse 64 rúas con 32.372 luces. Ademais das 64 rúas iluminadas, tamén están adornadas a Torre da Homenaxe, a praza de España, o Campo de San Antonio, a praza de Carude, a praza dos Chaos e a praza da Estación, e 7 letreiros de “Bo Nadal” ubicanse nas entradas á cidade de Monforte. As arcas municipais destinaron este ano un orzamento de 28.000 euros.

Chantada e O Saviñao

Este venres tamén se acenderon as luces de Nadal en Chantada. Colocouse unha árbore na praza do Cantón simbolizando a esperanza dos tempos mellores. Ilumínanse as árbores da rúa Leonardo Rodríguez e praza Santa Ana. O concello creou o poboado de Nadal feito con materiais reciclados e disposto por diferentes zonas da vila.

Tamén o concello do Saviñao ten xa iluminada a capitalidade municipal, especialmente na contarna do concello e toda a zona centro.

Nadal iluminación O Saviñao / concello do Saviñao

ÚLTIMAS

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....