HomesociedadeA Unidade de Atención Temperá de Quiroga con alumnos da Rioja

A Unidade de Atención Temperá de Quiroga con alumnos da Rioja

Os alumnos da Universidade Internacional da Rioja (UNIR) poden facer prácticas no Servizo de Atención Temperá da Agrupación de Concellos Quiroga- Ribas de Sil – Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Universidade Internacional da Rioja precisaba centros en Galicia para que os seus alumnos, tanto os que están a realizar cursos como os que realizan masters, puidesen desenvolver as súas prácticas. A directora do servizo, Loli Sánchez, falou dun dobre apoio con este convenio, por un lado servirá de apoio á formación dos alumnos e por outro, para que o centro, de recente creación, absorba os coñecementos que estes alumnos poidan aportar.

A Unidade de Atención Temperá, que serve para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento que poidan sufrir os nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade, comezou a funcionar a finais do pasado mes de setembro. A unidade conta cun equipo formado por tres profesionais: un psicólogo, un logopeda, e un fisioterapeuta, especializados en desenvolvemento infantil e atención temperá.

Trátase, en palabras do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, dun “espaldarazo importante para este centro que xa conta cun número importante de usuarios que acuden para mellorar o seu desenvolvemento evolutivo”. Coa firma deste convenio, afirmou, gañase proxección internacional para que en Quiroga poidan facer prácticas alumnos internacionais.

A atención nestes servizo é principalmente a través do pediatra, quen fai o diagnóstico previo, en función do cal derivará a familia á unidade de atención temperá máis axeitada para o caso. Tamén os centros educativos ou as propias familias poden solicitar este servizo.

ÚLTIMAS

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...

‘Cantiga de amiga’, un documental sobre o lesbianismo na Galicia Medieval

A actividade, que se celebrará ás 20:30 horas no Centro Cívico de Monforte de...

Carballedo, Taboada e Pantón próximas paradas do Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidecia

O sábado, 31 de outubro, ás 18:00 horas o Salón de actos da Casa...