HomesociedadeSarria entrega os premios dos Días Azuis

Sarria entrega os premios dos Días Azuis

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria – CCU Sarria, vén de facer a entrega dos premios que obtivo o CCU coa segunda edición da campaña "Días Azuis do comercio galego", unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta, en colaboración coas asociacións de comerciantes, neste caso, co Centro Comercial Urbano de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa desenvolveuse no pasado mes de novembro, entre os días 9 e 30 de novembro. Participaron os clientes do CCU de Sarria que mercaron nestas datas e rexistraron a súa compra. Sorteáronse un total de 16.200 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 € e 150 € en toda Galicia, que volverán a ser gastados no comercio de proximidade. 

Dende ACES aseguran, que tendo en conta a situación provocada pola crise sanitaria, están moi satisfeitos cos resultados obtidos nesta campaña, “reflexo (como sempre) da gran implicación e participación dos comerciantes e clientes sarrianos.”

– Ángel Barja Seijas premiado por unha compra en Senayo con 300 €,  

– Natalia Suazo Rodríguez premiada por unha compra en Ultreia con 150 €, 

Premios Ultreia CCU Sarria / CCU Sarria

O CCU Sarria continúa con dúas campañas activas este nadal, “O lotón” que repartirá mil euros á persoa agraciada para gastar nos establecementos asociados, e a campaña “Este Nadal, o comercio de Lugo máis preto de ti” (iniciativa da Federación Galega de Comercio de Lugo en colaboración coa Deputación de Lugo, e na que se repartirán 10.000 € repartidos en tarxetas prepago de 300 € e 200 €).

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...