O Alcalde, José Tomé Roca, dera a coñecer este concurso a principios do mes de decembro, dentro dunha campaña de axudas para o Nadal promovidas polo Concello de Monforte, e que se engaden ás xa postas en marcha este ano por mor do Coronavirus. En concreto, dende o Concello e a área de Promoción Económica, ideouse esta campaña de Nadal, para dar un impulso ó Comercio e á Hostalería de Monforte, baixo o lema “Este Nadal eu merco en Monforte”.
Ideáronse 2 concursos para os cales destináronse axudas directas por valor de 30.000 euros, para propiciar o consumo da cidadanía na hostalería e nos comercios de Monforte, durante os meses de decembro de 2020 e xaneiro de 2021. Os concursos convocados foron o “Concurso de Bonos de axuda para o Nadal” e o “Concurso de decoración do Nadal e Escaparatismo”.
Resolución do Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo
Con este concurso, o Concello buscaba fomentar a participación e a creatividade da cidadanía no embelecemento ornamental da cidade durante este Nadal. Neste concurso inscribíronse un total de 43 participantes. Por categorías a participación foi a seguinte:
- Comercios e negocios ubicados no termo municipal de Monforte: 21 inscricións.
- Hostalería: 5 inscricións.
- Vivendas unifamiliares: 7 inscricións.
- Balcóns e/ou ventas de edificios: 7 inscricións.
- Comunidade de veciños: 3 inscricións.
Para as diferentes modalidade deste Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo destináronse 5.300 euros en premios e axudas.
A entrega de premios deste Concurso celebrarase o mércores 13 de xaneiro de 2021, ás 14:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Monforte.
Na modalidade de Comercio establecéronse 3 premios:
- 1º premio, de 300 euros, que recaeu en: Mundo Fesport-Rubén José Díaz Rodríguez.
- 2º premio, de 200 €: Vinoteca Centro do Viño-José Ramón Martínez Mareque.
- 3º premio, de 100 €: Domingo Joyeros-Domingo Pérez Somoza.
En canto á categoría de Hostalería tamén se outorgaron 3 premios:
- 1º premio, de 300 euros: Garden Monforte-Rodrigo Antón Coucheiro Limeres
- 2º premio, de 200 €: Abadía San Simón-Josefa Díaz Fernández
- 3º premio, de 100 €: Tapería Centro do Viño-José Ramón Martínez Mareque.
No caso das vivendas, para as Comunidades de Veciños os premios foron:
- 1º premio, de 300 euros: Comunidade de Veciños Molinos de Antero, 22-24- Isabela Ceres Vega-Leal.
- 2º premio, de 200 €: Comunidade de Veciños Molinos de Antero, 18-20- Montserrat Álvarez Rodríguez.
- 3º premio, de 100 €: Comunidade de Veciños-bloque 4- As Acacias- Cristina González Fiqueiras.
Na categoría de Balcóns e ventás de edificios e vivendas, os gañadores son:
- 1º premio, de 200 €: María Isabel Vázquez Pedreda-C/ Comercio, 17.
- 2º premio, de 100 €: Héctor Manuel Díaz López-C/ Conde, 54.
- 3º premio, de 50 €: Oriana Sulheyll López Caballero-C/ Concepción Arenal, 31- 2ºA.
Finalmente, na categoría de Vivendas unifamiliares os premiados foron:
- 1º premio, de 200 €: Daniel Leiva Vega- C/ María Paz de Tor, 62.
- 2º premio, de 100 €: Ofelia Espiño Ledo- C/ Carud, nº 2.
- 3º premio, de 50 €: Manuel Pallín Rodríguez- Camiño das Bestas- Piñeira.
Tal e como establecen as bases do concurso, a decoración ideada por todos os participantes estará exposta ata o día 7 de xaneiro de 2021.
Decidiuse outorgar a todos os participantes o premio correspondente o importe de 100 €/premio en bonos (4 bonos de 25 euros), repartíndose entre eles un total de 28 lotes de bonos para gastar na hostalería de Monforte.
Estes bonos deberán consumirse como data límite o 31 de marzo de 2021, en calquera dos establecementos da hostalería do concello de Monforte de Lemos.
Segue aberto, ata finais de xaneiro de 2020, o “Concurso de Bonos de axuda para o Nadal”, que se desenvolve nas principais emisoras de radio da cidade, Onda Cero e Radio Principal Cadena Ser, e no que os oíntes poden gañar, respondendo a unha sinxela pregunta, un bono de 25 € para gastar na hostalería e o comercio do municipio