HomesociedadeMoción unánime no Pleno do Courel para esixir á Xunta a modificación...

Moción unánime no Pleno do Courel para esixir á Xunta a modificación do plan de transporte escolar

Intenso mércores no concello de Folgoso do Courel para reivindicar o mantemento do servizo de transporte escolar. Fixérono cunha concentración convocada pola propia Asociación de Nais e Pais dos escolares que tivo o apoio dos 3 grupos locais. Pola tarde seguiron as demandas no pleno municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores, 30 de decembro, pola tarde tivo lugar no concello de Folgoso do Courel, un pleno ordinario onde fóra da orde do día se presentaron 2 propostas por urxencia para esixirlle a Xunta de Galicia que modifique o LOTE 27 do plan de transporte escolar e poña ao concello só. 

C@urel Vivo e Psoe pedían solicitar á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que rectifique e Modifique ou anule e se volva licitar a ZONA 27 de esta Contratación. Que se prioricen ós autónomos /empresas locais e se manteñan as tarifas por km para realizar o servizo, facendo cumprir la normativa sobre FONDOS FEDER3.

Que se a Consellería non mostra sinais de rectificar. Desde o Concello, en coordinación cos transportistas actuais e antes de que aspire o prazo, se faga a denuncia pertinente polas citadas vulneración de normativas e discriminacións.

E tamén este mércores, o deputado autonómico e voceiro de educación do PSdeG, Luís Álvarez, nun encontro cos taxistas e familias afectadas, anunciou que rexistrará unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar explicacións ao Goberno de Feijóo sobre este novo recorte ao sistema educativo na Montaña Lucense.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...