HomesociedadeCatas en liña dos viños da D.O. Ribeira Sacra para comezar o...

Catas en liña dos viños da D.O. Ribeira Sacra para comezar o 2021

Primeira cita este xoves, 21 de xaneiro ás 19.00 horas. As catas son de balde pero é preciso inscribirse ata o día 20 no correo comunicacion@ribeirasacra.org

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra comenzaba a campaña promocional de Nadal “Ribeira Sacra, o viño deste Nadal” con catas virtuais da sumiller, Mercedes González Rodríguez. As catas que se celebraron os días 10 e 17 de decembro foron transmitidas por streamig en Zoom, Youtube, Facebook e Instagram. A actividade tivo moi boa acollida por parte das adegas participantes e por parte do público inscrito na cata, polo que a D.O. Ribeira Sacra prepara dúas novas catas; unha para o xoves, 11 de febreiro e a primeira para o xoves 21 de xaneiro. 

As catas desenvolveranse a partir das 19.00 horas. A participación é aberta e gratuíta pero é necesario inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org. Unha vez inscritos obterán a ligazón de Zoom e das redes sociais para poder seguir a cata e deixar as súas preguntas ou comentarios sobre cada viño. 

O xoves 21 ás 19.00 h cataranse (inscricións ata 24 horas antes indicando que viño dos que se catarán adquiriu o participante para a cata):

  • Regina Viarum Godello 2019 de Regina Viarum
  • Val da Lenda blanco Sumum 2019 de Víctor Manuel Rodríguez. 
  • Casa Moreiras Godello 2019 de Casa Moreiras
  • Asolagados Mencía 2019 de Pilares de Belesar. 
  • Rectoral de Amandi Mencía 2019 de Bodegas Rectoral de Amandi
  • Finca  Cuarta Mencía 2019 de Rubén Moure. 
  • Finca Míllara Mencía barrica 2017 de Finca Míllara
  • Ribera de los Naranjos Tinto Summum barrica 2018 de Finca Míllara
  • Adobe Mencía 2019 de Rectoral de Gundivós. 
  • Algueira Carravel Mencía 2016 de Adega Algueira
  • Ruxe Ruxe Mencía 2018 de Tolo do Xisto. 

Os viños para catar poden ser adquiridos en adega, tendas especializadas, supermercados ou a través de internet; na web de cada adega ou a través da cesta de compra á que se pode acceder desde a web da D.O. Ribeira Sacra.

As catas desenvolvidas en decembro poden verse de novo no blogue da D.O. Ribeira Sacra, no que xa está colgada a primeira cata. O día 18 colgarase a segunda e entre tanto poden visionarse tamén na canle de youtube da D.O. Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...