IniciosociedadeCelebra San Valentín cun Ribeira Sacra

Celebra San Valentín cun Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra continúa coas catas en liña que comezaba este pasado Nadal. Ata o momento celebráronse 3 catas coa participación dunha decena de referencias en cada unha delas. Este mes, aproveitando a celebración de San Valentín, levarase a cabo unha nova cata impartida pola sumiller, Mercedes González Rodríguez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Cata Ribeira Sacra, San Valentín terá lugar o xoves, 11 de febreiro, ás 19.00 horas por streamig (Zoom, Youtube, Facebook, Instagram). É necesario inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org ata 24 horas antes da celebración da cata, indicando o viño que adquiriu o participante. Unha vez inscritos obterán a ligazón de Zoom e das redes sociais para poder seguir a cata e deixar as súas preguntas ou comentarios sobre cada viño. 

A cata é gratuíta e para poder seguila e participar activamente é importante contar con algúns dos viños para catar. Incentívase así a compra dos nosos viños nun momento no que as limitacións ao sector da hostalería están a castigar a todos os sectores que lle fornecen. Agora seguir apostando pola calidade dos produtos de proximidade evidencia máis ca nunca que repercute en beneficio de todos. 

Os vinos que participan nesta Cata Ribeira Sacra, San Valetín son:

– Viño do Fortes branco summum 2019 de José Antonio Fortes. 
– Adega dos Beizos Godello 2019 de Óscar González.
– Cuesta de los Olivos Godello 2019 de Finca Míllara. 
– Algueira Mencía 2019 de Adega Algueira. 
– Lagariza Mencía 2019 de Finca Míllara.  
– Val da Lenda Mencía 2019 de Víctor Manuel Rodríguez. 
– Javier Fernández Mencía 2019 de Adega Saíñas. 
– Campaza Mencía 2019 de Casa Moreiras.  
– Ámboa Mencía 2019 de Rectoral de Gundivós . 
– Asolagados Mencía barrica 2018 de Pilares de Belesar. 
– Finca Cuarta Mencía barrica 2018 de Rubén Moure.

Os viños para catar poden ser adquiridos en adega, tendas especializadas, supermercados ou a través de internet; na web de cada adega ou a través da cesta de compra á que se pode acceder desde a web web da D.O. Ribeira Sacra. Comparte desde a casa O Sabor dunha Paisaxe. Os vídeos destas catas en directo quedan colgados nas diferentes redes desde as que se emitirá a cata para a súa consulta en calquera momento.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...