HomesociedadeCribados a 6.500 cidadáns de Monforte, Sarria e Quiroga

Cribados a 6.500 cidadáns de Monforte, Sarria e Quiroga

A Xunta continúa realizando cribados para tratar de detectar posibles casos positivos de coronavirus entre persoas asintomáticas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, explicou que no marco desa programación, esta semana fanse 6.500 probas nos concellos de Monforte de Lemos (4.500), Sarria (1.500) e Quiroga (500).

Arias estivo este venres pola mañá en Monforte, onde a Xunta convocou a unha mostra representativa da poboación de entre 20 e 60 anos para realizar os test entre hoxe e o domingo.

O delegado, que acudiu acompañado do xerente do Sergas en Lugo, Ramón Ares, destacou o gran esforzo e dedicación dos profesionais sanitarios e tamén o importante apoio que están a prestar os dispositivos de emerxencias e seguridade no desenvolvemento dos cribados que se organizan estes días en diferentes localidades da provincia. 

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...