O resultados que arroxaron os cribados masivos que o Sergas desenvolveu en Quiroga, Sarria e Monforte son esperanzadores porque arroxan 5 positivos dun total de 4.195 probas realizadas, 4 deles en Monforte e 1 en Quiroga.
6.000 eran as persoas citadas a participar destas probas que teñen por obxecto lozalizar casos positivos de asintomáticos. A poboación que mellor respondeu á convocartoria foi a de Sarria, cunha paticipación do 75,26%. En Monforte a participación foi do 61,3%.
O cribado fíxoselle a persoas de entre 20 e 60 anos que recibiron por SMS a invitación para participar. Falta por coñecer os resultados das probas no IES Río Cabe onde este sábado se citaba a 450 persoas entre alumnos e profesores.