IniciosociedadeA Xunta informa doutro falecido na residencia de Sarria

A Xunta informa doutro falecido na residencia de Sarria

O home de 102 anos morreu na Residencia Nosa Sra. do Carme de Sarria o pasado 7 de febreiro.

Publicado o

- Advertisement -

A covid volveu deixar 17 falecidos en Galicia e, como en xornadas anteriores, a maior parte deles, nove, na provincia da Coruña. Deste xeito, o número total de vítimas ascende xa a 2.059 desde que se iniciou a pandemia. Deles, un era usuario da residencia de Sarria.

Segun informa o Sergas con datos recollidos de varios días ( 23 e 27 de xaneiro e 7, 10 e 11 de febreiro) faleceron na área sanitaria da Coruña e Santiago catro persoas, respectivamente, mentres que na de Ferrol morreu outra persoa. Na área de Vigo foron catro os mortos, na de Ourense tres e na de Lugo, un. Todos eles tiñan patoloxías previas e seis eran usuarios de residencias.

Este é o balance remitido polo Sergas:

Día 23 de xaneiro:
Muller de 88 anos, na Residencia Paz y Bien de Tui.

Día 27 de xaneiro:
Home de 83 anos, na Residencia Paz y Bien de Tui.

Día 7 de febreiro:
Home de 102 anos, na Residencia Nosa Sra. do Carme de Sarria.

Día 10 de febreiro:
Home de 83 anos, no Chuo.
Home de 73 anos, no Chuo.
Muller de 73 anos, no Chus.
Home de 87 anos, no Chuac.
Home de 78 anos, no Chuac.
Home de 87 anos, no Chuf.
Home de 88 anos, no Chus. Procedía da Residencia San Simón no Concello de Teo.
Home de 73 anos, no Chus.
Home de 87 anos, no Chuac.
Muller de 94 anos, na Residencia San Simón do Concello de Teo.

Día 11 de febreiro:
Home de 91 anos, no Chuo.
Home de 93 anos, no Chuvi.
Muller de 75 anos, na Residencia DomusVI Carballo.
Muller de 79 anos, no Chuvi.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...