HomesociedadeMonforte non cobra as terrazas na primeira metade do 2021

Monforte non cobra as terrazas na primeira metade do 2021

Dende o 1 de xaneiro ó 30 de xuño de este ano 2021, o Concello de Monforte non vai cobrar as terrazas ós hostaleiros da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para sacar adiante esta iniciativa, o Equipo de Goberno do Concello levará ó próximo Pleno da Corporación Municipal, que se celebrará o luns 22 de febreiro, unha proposta de modificación da ordenanza fiscal  reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público por mesas, cadeiras e elementos auxiliares con finalidade lucrativa, co obxectivo de que haxa unha maior seguridade xurídica nesta decisión de axuda á hostalería. 

Esta proposta engádese ás diversas medidas tomadas por este Equipo de Goberno ó longo do ano 2020, en apoio ó sector da hostalería ante a crise do Covid-19. “Un sector que o está pasando mal, debido ós sucesivos peches que está sufrindo por mor desta pandemia, polo que dende o Concello seguiremos desenvolvendo medidas de apoio”.

Dende o Equipo de Goberno estanse estudando outras posibilidades de axuda a este sector, tan castigado pola crise, que serán definidas unha vez que se coñeza a normativa da Xunta de Galicia sobre as axudas que realizará dos fondos que veñen da Unión Europea así como do Goberno de España. Posteriormente, o Equipo de Goberno de Monforte dará a coñecer as axudas directas que destinará á hostalería monfortina.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...