HomesociedadeCC.OO. gaña as eleccións sindicais da louxeira máis grande da provincia

CC.OO. gaña as eleccións sindicais da louxeira máis grande da provincia

Trátase de 'La Campa, S.L.', que conta con 75 traballadores, e faino por primeira vez cun apoio do 43%.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sindicato CC.OO. agradece o apoio depositado nas recentes eleccións sindicais da louxeira ‘La Campa, S.L.’ que tiveron lugar en Santa Eufemia, Concello de Folgoso do Courel, conseguindo superar a UGT e CIG.

Cun 43% de votos acadados amosan a súa satisfacción e asumen o compromiso de “defender as reivindicacións da plantilla na vindeira negociación do convenio da Pizarra -Lugo-Ourense-“.

O secretario de acción sindical, Mario Docasar, di tamén que impulsarán negociacións coa dirección da empresa para mellorar as condicións laborais tamén en cuestión de prevención e seguridade por mor do risco que sofren coa silicose.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...