HomesociedadePublícanse as Guías de ordenación produtiva para oito Aldeas Modelo de Lugo...

Publícanse as Guías de ordenación produtiva para oito Aldeas Modelo de Lugo e Ourense

No caso da aldea modelo de Moreda, no concello de Folgoso do Courel, apóstase principalmente polo aproveitamento gandeiro en extensivo coa apicultura como actividade complementaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se someten a información pública os borradores de guías de ordenación produtiva de oito aldeas modelo situadas nas provincias de Lugo e de Ourense. En concreto, das aldeas de Moreda (Folgoso do Courel), Xacebáns (Quintela de Leirado), Infesta (Monterrei), Muimenta (Carballeda de Avia), Penedo (Boborás), Trelle (Toén), Reboredo (O Pereiro de Aguiar) e Meixide (A Veiga).

Estas guías de ordenación produtiva configúranse como un documento técnico no que se delimitan os usos produtivos máis idóneos para a explotación das parcelas incluídas nestas aldeas modelo, dende os puntos de vista económico, técnico, social e ambiental. Nesa liña, contémplanse unha serie de usos preferentes e outros secundarios. Así mesmo, indícanse os prazos e prezos establecidos para os grupos de cultivos e aproveitamentos, así como a descrición das actuacións a levar a cabo para a súa posta en produción.

Así, no caso da aldea modelo de Moreda, no concello lucense de Folgoso do Courel, apóstase principalmente polo aproveitamento gandeiro en extensivo coa apicultura como actividade complementaria, sen desbotar, como orientación secundaria, o cultivo do castiñeiro e da oliveira, en zonas moi determinadas sen masas de frondosas consolidadas. 

Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas oito aldeas modelos deben ter conta que estes borradores de guías de ordenación produtiva se someten a información pública polo prazo dun mes a contar dende mañá, tempo durante o que poderán realizar as achegas e alegacións que consideren oportunas. Estas guías poden consultarse tanto nos taboleiros de anuncios dos concellos nos que se sitúen as aldeas modelo como na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) (https://agader.xunta.gal/gl/banco-de-terras/aldeas-modelo/). De xeito presencial, os interesados en obter toda a información poderán achegarse ás dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9,00 ás 14,00 horas, logo de solicitar cita previa no número de teléfono 881 997 193.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...