HomesociedadeUn San Xosé con animación de rúa en Quiroga

Un San Xosé con animación de rúa en Quiroga

O Concello de Quiroga organiza para o Día do Pai un espectáculo de animación de rúa a cargo do Trío Detrés. E do 22 ao 27 deste mes dende a asociación de comerciantes e empresarios do Xeoparque desenvolven unha campaña para incentivar o comercio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación titulada “Máis Ritmo” é un espectáculo versátil,  coa música e o ritmo como protagonistas, mesturado con rutinas e gags cómicos. Temas propios, versións de cancións populares, divertidos arranxos para un programa que transita por todos os estilos. 

A actuación, unha sucesión de situacións cheas de humor, de improvisación e de solucións disparatadas acompañadas da mellor música, desenvolverase o vindeiro venres a partir das seis da tarde pola Rúa Real.

Campaña de comercio do Xeoparque

Vinte e dous comercios da asociación de comerciantes e empresarios do Xeoparque van regalar vales dun euro por compras superiores a 20 euros, do 22 ao 27  de Marzo. Vales que se poden gastar, nos once hostaleiros asociados. A data límite para gastar os vales é o 15  de Abril.

Con esta iniciativa buscan apoiar aos compañeiros hotaleiros, que están a pasar por unha situación difícil e á súa vez, incentivar o comercio de proximidade.

Julio Álvarez en Madrid

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, acompañado do concelleiro de cultura, José Luis Ribera, desprazouse ata Madrid para reunirse co director de contidos de Mediaset, Manuel Villanueva, ao que une unha gran amizade. 

Na xuntanza tamén estivo o polifacético presentador, Carlos Sobera, que ten pensado visitar Quiroga en curto prazo. Para a xuntanza foron recibidos pola quiroguesa, Mónica Fernández, recoñecida como mellor summiller do mundo no ano 2017.

Julio Álvarez Madrid / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...

‘Cantiga de amiga’, un documental sobre o lesbianismo na Galicia Medieval

A actividade, que se celebrará ás 20:30 horas no Centro Cívico de Monforte de...

Carballedo, Taboada e Pantón próximas paradas do Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidecia

O sábado, 31 de outubro, ás 18:00 horas o Salón de actos da Casa...