HomesociedadePor Chantada: "A proposta sobre as barcas do Miño evidencia descoñecemento cando...

Por Chantada: “A proposta sobre as barcas do Miño evidencia descoñecemento cando non se conta coa sociedade civil”

Desde Por Chantada consideran que tanto o Plan de acción para a paisaxe da Ribeira Sacra como a proposta do Consocio de Turismo sobre as barcas de paso no Miño son "anuncios sen substancia que nos dirixen ao desastre: un modelo neocolonial e invasivo, de costas aos indíxenas e que se fundamenta nunha inventio da Ribeira Sacra para criar unha marca territorial artificial."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada propón rescatar os valores e os elementos patrimoniais realmente existentes nas comunidades locais, desde unha perspectiva global e coordinada, que permita a participación real da cidadanía. “Os habitantes do territorio debemos ser os protagonistas das políticas que se implementen no mesmo para asumilas como proprias e dotalas de viabilidade e sinerxias que retroalimenten a súa eficacia e eficiencia,” sinalan desde Por Chantada.

Indican que o turismo, se ten unha planificación e unha xestión axeitadas, pode traer beneficios económicos e sociais que poden mellorar a calidade de vida das comunidades, así como xerar oportunidades de emprego. Sobre a proposta dos pasos de barca aseguran que carece de calquera planificación, “con descoñecemento sobre o interese das comunidades locais e dos propios visitantes – como recoñece a propia xerente–, queda en evidencia a incapacidade do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para facer unha xestión axeitada que poida traer beneficios económicos e sociais para a vida das comunidades.”

A este respecto insisten en que o patrimonio pertence ás comunidades locais, que “son sistematicamente excluídas desde as administracións ao ser voces que non coinciden co relato único que desexan impor as administracións.” Lembran que as barcas tradicionais como recurso de apoio á pesca nos ríos ou como medio de transporte de persoas e mercadorías desapareceron dos ríos Miño e Sil hai moitos anos, pero que na actualidade existen novas infraestruturas e novas formas de transporte que facilitan as tarefas das persoas que traballan a terra nas escarpadas ribeiras do Miño e do Sil. “A restitución de bens patrimoniais, como é o caso que se formula coas barcas de río, debe ser feita por actores sociais concretos da propia comunidade, que son, en definitiva, os seus portadores lexítimos. Esa construción ideal que o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra mostra deste patrimonio cultural desaparecido é incompatíbel cos principios do patrimonio mundial da UNESCO.”

Segundo Por Chantada, a recuperación unilateral das barcas tradicionais feito por xestores, entidades administrativas ou académicos alleos á realidade social onde se pretende recuperar este ben cultural supón, “unha ameaza para os valores culturais locais, para a autoestima dos veciños que aínda viven nestes lugares e, sobre todo, unha inseguridade no recoñecemento do patrimonio cultural.”

ALTERNATIVASpage5image2885312816page5image2885313328page5image2885313648page5image2885313904

Por Chantada-CUP propón a creación dun Plan Estratéxico de Conservación e Salvagarda do Patrimonio Cultural de Chantada 2023-2030, participado polas comunidades locais onde se asenta o respectivo patrimonio, consensuado con diferentes entidades asociativas e asesorado por diferentes persoas de recoñecido prestixio no ámbito do patrimonio. Integraríase nunha ESTRATEXIA LOCAL PARA O PATRIMONIO E O TURISMO 2020-2030.

Por Chantada-CUP promove, como medida de xestión sustentábel do patrimonio cultural8 existente no conxunto do municipio de Chantada, a creación de iniciativas de apoio económico e loxístico directo aos veciños e veciñas para arranxo, mantemento e difusión do patrimonio cultural, recoñecido polas persoas de cada comunidade local: “festas, feiras, romarías, festivais, certames musicais, palcos da música, banda de música, grupos de música tradicional, mostras de teatro, presas, muíños, fontes, lavadoiros, palleiras, hórreos, airas, muros, muras, adegas, pombais, cruceiros, petos de ánimas, pontes, pasares, camiños reais, camiños tradicionais, camiños o Faro, camiños a Santiago, castros, gravados rupestres, aldeas, casas, lareiras, chemineas, fornos, corredores, varandas, balcóns, canzorros, portas, aldrabas, pechos, trancas, prazas da vila, fábricas ou comercios, e todos os apeiros, ferramentas, instrumentos, mobles e utensilios que ocupan as construcións ou se precisan para que exerzan a súa función; ademais daquel patrimonio cultural relacionado coa transmisión oral: toponimia e micro-toponimia, variantes fonéticas e lexicais da lingua, e, en xeral, calquera saber e habilidade relacionada cun oficio tradicional, traballo colectivo ou ben patrimonial que permaneza na actualidade.”

Concúen, “en definitiva, non se trata de aprofundar nun modelo neocolonial de inventio da Ribeira Sacra para criar unha marca territorial artificial, mais de resgatar os valores e os elementos patrimoniais realmente existentes nas comunidades locais.”

ÚLTIMAS

Os deputados do PP denuncian “trato discriminatorio” do Goberno de Sánchez coa veciñanza de Santo Estevo do Sil

Os deputados do PP lucense -Francisco Conde Jaime De Olano e Cristina Abades- trasladan...

Inscricións de novas viñas en suspenso en concellos que non teñan aprobada unha delimitación planimétrica

O pleno do Consello Regulador Ribeira Sacra reuniuse o pasado 10 de febreiro de...

A futura ‘Área Recreativa e Praia Fluvial de Monforte’ terá capacidade para acoller a unhas 20.000 persoas

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, informou en rolda de prensa...

Estudantes do IES A Pinguela destacan na fase galega da Olimpiada de Xeoloxía

Corenta alumnas e alumnos de institutos da provincia de Lugo (IES Fontem Albei da...