HomesociedadeCampaña de vacinación canina en Sober desde o 21 de maio

Campaña de vacinación canina en Sober desde o 21 de maio

Este venres 21 comeza no concello de Sober a campaña anual de vacinación da rabia, identificación, e desparasitación canina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña é voluntaria, pero recórdase ós propietarios de cans que segundo o Decreto 90/2002 (DOG nº 63 de 2/4/2002), dende o ano 2002 é obrigatorio, sen excepción, ter os cans identificados con MICROCHIP.

Dende o ano 2008, pola publicación do Decreto 94/2008  (DOG nº92 do 14/5/08), establécese o pasaporte ou cartilla sanitaria para os cans en Galicia. Este pasaporte está vinculado ós cans identificados legalmente con microchip.

A vacinación farase casa por casa, por estar prohibida a concentración de cans. Os interesados deberán chamar ó número do veterinario do recorrido Xosé Tomé – 689 10 35 94  o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia. A campaña comeza o 21 de Maio. A vacinación farase pola mañá.  O calendario da campaña será:

  • Venres 21 de Maio: CANAVAL, VILAESCURA, ROSENDE, MILLÁN
  • Luns 24 de Maio: REFOXO, SOBER, PROENDOS, LIÑARÁN
  • Martes 25 de Maio: ANLLO S.E., ANLLO S.M.
  • Xoves 27 de Maio: FIGUEIROÁ, BOLMENTE, BARANTES
  • Venres 28 de Maio: SANTIORXO, PINOL, LOBIOS
  • Martes 1 de Xuño: GUNDIVÓS
  • Mércores 2 de Xuño: AMANDI, DOADE
  • Venres 4 de Xuño: NEIRAS
  • Luns 7 de Xuño: BULSO, STA.CRUZ

          Os prezos son:

-Vacina Rabia 15€

-Implantación Microchip + Pasaporte oficial asociado(‘cartilla’): 33€

-Outras Vacinas ou Trámites: Preguntar ó veterinario.

ÚLTIMAS

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...

Detidos dous homes como supostos autores de ‘ciberestafas’ denunciadas en Lugo e Monforte

Segundo informaron fontes policiais, unha das estafas foi denunciada en Lugo, e a vítima...