HomesociedadeSalvemos o Malecón convoca unha cadea humana para o domingo 27 de...

Salvemos o Malecón convoca unha cadea humana para o domingo 27 de xuño

A plataforma celebrará nesa mesma fin de semana do 25-27 de xuño unha serie de actos sobre a necesidade de pechar o tráfico na ponte vella e defender o mantemento da actual pasarela de madeira fronte á ponte que promove o equipo de goberno de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A plataforma cidadá Salvemos o Malecón organizará unha cadea humana rodeando o Malecón para manifestar a defensa da pasarela de madeira actual e os valores paisaxísticos, ambientais e urbanos do Malecón, a necesidade de pechar a Ponte Vella ao tráfico rodado e ao mesmo tempo a oposición da veciñanza á construción dunha nova ponte entre o Malecón e o barrio de Ramberde.

A concentración solicitada ante a Subdelación do Goberno en Lugo, organízase para o domingo, 27 de xuño dende ás 12:30h e as 14:30h nas Rúas do Malecón e o Paseo de Ramberde de Monforte. Informouse tamén das medidas de seguridade antiCOVID que se terán en consideración.

Desde a plataforma convidan a todos os veciños de Monforte e a súa contorna a consultar nas próximas semanas as súas redes sociais onde informarán das novidades acerca destes actos de concienciación ambiental, e a acudir á concentración que se celebrará o día 27 de xuño “todos aqueles veciños que desexen evitar que se cometa a atrocidade de estragar unha das zonas máis fermosas e emblemáticas da nosa vila,” conclúen.

ÚLTIMAS

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....