HomesociedadeRodrigo, afectado por unha enfermidade rara, recibe en Láncara o apoio do...

Rodrigo, afectado por unha enfermidade rara, recibe en Láncara o apoio do PSOE

A Voceira de Sanidade no Congreso dos Deputados, Ana Prieto, o secretario de organizacón do PsdeG, Jose Antonio Quiroga reuníronse este venres na casa do Concello de Láncara con Ana López, a nai de Rodrigo, un menor afectado por unha enfermidade rara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A familia de Rodrigo puxo en marcha unha campaña en www.osoigo.com, dirixida ao Congreso, para demandar máis investigación e axudas para casos como o do seu fillo. Esta xuntanza realizouse a raíz da denuncia feita pola familia a través dos medios de comunicación, e da que se fixo eco o Alcalde da vila, Darío Piñeiro e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña López, quen tamén participaron neste encontro. 

Dende o Concello de Láncara prestamos toda a axuda que sexa necesaria para mellorar a calidade de vida de Rodrigo. Sabemos que a súa situación é complexa, pero traballaremos dende tódolos ámbitos para que poida ter unha vida digna, apoiando en todo o que poidamos a súa familia”, remarcou o rexedor.

“Os socialistas compartimos coas asociacións de enfermos a necesidade de mellorar a atención sanitaria que reciben estes pacientes, hai que mellorar na prevención e no diagnostico precoz”. Hai que lembrar ademais que “dende os gobernos socialistas sempre estivemos comprometidos en tentar mellorar a situación dos pacientes con enfermidades raras”, sinalan.

“As enfermidades raras constitúen un enorme desafío para o noso sistema de saúde. Por iso temos que seguir avanzando en integrar as enfermidades raras na planificación global da cobertura universal de forma efectiva, reafirmando o compromiso socialista coa Sanidade Pública, e máis cando a pandemia permitiunos comprobar que a sanidade é unha das políticas públicas máis importantes e máis equitativas”, argumentan.

ÚLTIMAS

O PP pon a Daveiga como exemplo de eficiencia e competitividade no rural

Os deputados populares coñeceron todo o proceso produtivo destas galletas, ademais de interesarse polo...

Pantón, O Saviñao e Sober comezan a IX edición do seu Obradoiro de Emprego

O Obradoiro imparte a formación de 'Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes'...

O enxeñeiro agrónomo ‘Cuqui Silva’ pregoará o VIII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Concello de Monforte anuncia que José Manuel Silva Rodríguez, coñecido como ‘Cuqui Silva’,...

OPINIÓN: Adeus ao Anchoas. Ou de como a legalidade se impuxo á nostalxia da memoria colectiva

Hai poucos días acudín a un convite no Pazo de Tor, organizado polos responsables...